Nota Legal

CONDICIÓNS XERAIS DE USO DO SITIO WEB DE Cousas de María Montana, S.L.

www.elmercadito.es

Cousas de María Montana, S.L. (en diante O Mercadito ) con domicilio en Xeneral Pardiñas 36 1º Santiago de Compostela con CIF B15972557 representada por Pablo rodríguez Rodríguez con NIF 33313468S pon a disposición no seu sitio web www.elmercadito.es determinados contidos de carácter informativo sobre as súas actividades.

As presentes condicións xerais rexen única e exclusivamente o uso do sitio web de EL MERCADITO por parte dos USUARIOS que accedan ao mesmo. As presentes condicións xerais expónselle ao USUARIO no sitio web www.elmercadito.es en todas e cada unha das páxinas e cada vez que un USUARIO introduce os seus datos nos formularios existentes, para que as lea, impríma, arquive e acepte a través de internet, non podendo o USUARIO introducir os seus datos efectivamente sen que se produza tal aceptación.

Cousas de María Montana, S.L. está inscrita no Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela, Tomo 2928, Folio 194, Folla 34717.

O acceso ao sitio web de EL MERCADITO implica sen reservas a aceptación das presentes condicións xerais de uso que o USUARIO afirma comprender na súa totalidade. O USUARIO comprométese a non utilizar o sitio web e os servizos que se ofrecen no mesmo para a realización de actividades contrarias á lei e a respectar en todo momento as presentes condicións xerais.

PRIMEIRA.- CONDICIÓNS DE ACCESO E USO

  • 1.1.-A utilización do sitio web de EL MERCADITO non leva a obrigatoriedade de inscrición do USUARIO, salvo se este USUARIO desexa utilizar a base de datos de artigos existentes en www.elmercadito.es onde será preciso que se rexistre cubrindo un formulario básico, esta subscrición rexerase polas condicións xerais específicas. As condicións de acceso e uso do presente sitio web réxense estritamente pola legalidade vixente e polo principio de boa fe comprometéndose o USUARIO a realizar un bo uso da web. Quedan prohibidos todos os actos que vulneren a legalidade, dereitos ou intereses de terceiros: dereito á intimidade, protección de datos, propiedade intelectual etc. Expresamente EL MERCADITO prohibe os seguintes:
    • 1.1.1.- Realizar accións que poidan producir no sitio web ou a través do mesmo por calquera medio calquera tipo de dano aos sistemas de EL MERCADITO ou a terceiros.
    • 1.1.2.- Realizar sen a debida autorización calquera tipo de publicidade ou información comercial directamente ou de forma encuberta, o envío de correos masivos ("spaming") ou envío de grandes mensaxes coa fin de bloquear servidores da rede ("mail bombing").
  • 1.2.- EL MERCADITO poderá interromper en calquera momento o acceso ao seu sitio web se detecta un uso contrario á legalidade, a boa fe ou as presentes condicións xerais- ver cláusula quinta.

SEGUNDA.- CONTIDOS.

Os contidos incorporados neste sitio web foron elaborados e incluídos por:

  • 2.1.- EL MERCADITO utilizando fontes internas e externas de tal modo que EL MERCADITO unicamente faise responsable polos contidos elaborados de forma interna.
  • 2.2.- EL MERCADITO resérvase o dereito a modificar en calquera momento os contidos existentes no seu sitio web.

TERCEIRA.- DEREITOS DE AUTOR E MARCA

EL MERCADITO é unha marca rexistrada. Queda prohibida a utilización allea por calquera medio da marca de El Mercadito, que inclúe tanto o nome como o logotipo, salvo consentimento expreso de EL MERCADITO. Quedan reservados todos os dereitos. Ademais, o sitio web de EL MERCADITO -os contidos propios, a programación e o deseño do sitio web- atópase plenamente protexido polos dereitos de autor, quedando expresamente prohibida toda reprodución, comunicación, distribución e transformación dos referidos elementos protexidos salvo consentimento expreso de EL MERCADITO.

CUARTA.- XURISDICIÓN E LEI APLICABLE

As presentes condicións xerais réxense pola lexislación española. Son competentes para resolver toda controversia ou conflito que se derive das presentes condicións xerais os Xulgados de Santiago de Compostela renunciando expresamente o USUARIO a calquera outro foro que puidese corresponderlle.

QUINTA.-

No caso de que calquera cláusula do presente documento sexa declarada nula, as demais cláusulas seguirán vixentes e interpretaranse tendo en conta a vontade das partes e a finalidade mesma das presentes condicións. EL MERCADITO poderá non exercitar algún dos dereitos e facultades conferidos neste documento o que non implicará en ningún caso a renuncia aos mesmos salvo recoñecemento expreso por parte de EL MERCADITO.

SEXTA.-

Para o desenvolvemento da súa actividade EL MERCADITO conta coa autorización administrativa previa tipo Rexistro de empresas de actividades turísticas de Galicia da Xunta de Galicia. Consellería de Turismo, con data de resolución 2006-10-05 e data de extinción indefinida.

Inicio
  • RESTAURANTERESTAURANTE
  • OS NOSOS PRATOSOS NOSOS PRATOS
  • EVOLUCIÓN + PRENSAEVOLUCIÓN + PRENSA
  • BOLETÍN DIXITALBOLETÍN DIXITAL
  • CONTACTOCONTACTO
El Mercadito
El Mercadito en Facebook
© Cousas de Mari Montaña S.L. | Nota Legal | info@elmercadito.es
Financiado polo IGAPE e a Xunta de Galicia IGAPE Xunta de Galicia